II Xornadas Sectoriais sobre o uso de Vehículos Aéreos non Tripulados

O vindeiro luns 23 de novembro, de 10:00 a 13:20 horas terán lugar as II Xornadas Sectoriais sobre o uso dos UAVs (Vehículos Aéreos non Tripulados, nas súas siglas en inglés) centradas na súa aplicación ao ámbito agroforestal.

O emprego crecente de UAVs neste campo está permitindo desenvolver todo un conxunto de aplicacións de teledetección de alta resolución espacial, espectral e temporal, economicamente viables en superficies pequenas, que contribuirán a un aproveitamento máis eficiente dos recursos agroforestais.

O obxectivo desta xornada técnica é achegar as múltiples aplicacións desta tecnoloxía ás diferentes actividades do sector agroforestal, un ámbito de grande importancia para Galicia. Nela participarán profesionais tanto do sector público como privado que exporán o alcance desta tecnoloxía, así como casos de éxito.

O evento terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela) en horario de 10:00 a 13:20 horas. Para asistir á xornada precísase inscrición previa na seguinte ligazón. Pode consultar o programa completo na mesma ligazón.