A Atriga e o Instituto de Estudos do Territorio poñen en marcha o "visor de bens inmobles" para facilitar a valoración web de parcelas catastrais

A Axencia Tributaria de Galicia pon á disposición de todos os cidadáns os medios para que estes poidan exercer o seu dereito a ser informados dos valores dos bens inmobles que vaian ser obxecto de adquisición ou transmisión conforme á Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. O ano pasado realizáronse un total de 288.811 valoracións de bens por Internet.

Consulta no visor de Augas de Galicia a información xeográfica da fase de consulta pública do novo Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027

O DOG do 30 de abril de 2021 publicou o inicio do proceso de participación que permite a presentación de suxestións e achegas durante os vindeiros 6 meses, ata o 30 de outubro, da Proposta de proxecto de plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa ciclo 2021-2027 e do Estudo ambiental estratéxico da proposta de proxecto de plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa ciclo 2021-2027.

Exposición pública do Plan galego de cartografía e información xeográfica

O Plan galego de cartografía e información xeográfica ten por obxecto a determinación dos obxectivos e a coordinación das actividades cartográficas, a constitución e mellora permanente da Infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG) e o aproveitamento e a coordinación desta información coas políticas públicas sectoriais con proxección territorial.