Primeira actualización do Plan Básico Autonómico 2020

O Plan Básico Autonómico é unha ferramenta indispensable que ten por obxecto delimitar sobre o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a complexa realidade das afeccións derivadas da normativa sectorial e identificar os asentamentos de poboación existentes. Así mesmo, establece unha regulación de carácter xeral dos diferentes usos do solo e da edificación, de acordo coas súas determinacións, a través dunhas ordenanzas tipo.

Nota do Servizo de Planificación e Programación Hidrolóxica en relación á nova información posta a consulta pública na IDE-DHGC

Desde o pasado 31 de marzo de 2020, está dispoñible na Infraestrutura de Datos Espaciais da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa nova información asociada ao proceso de implementación da Directiva 2007/60/CE relativa a avaliación e xestión do risco de inundación na Demarcación, que se atopa baixo a epígrafe de “D2007/60 Mapas Inundables Fluviais ciclo 2021-2027 CP”, e inclúe as seguintes capas:

Actualízase a información xeolóxica de Galicia

A nova información xa está incorporada para a súa visualización no Visor Básico e nalgúns dos principais visores da Xunta

Facilítase a súa descarga en formato vectorial (SHP) no Visor Básico, e en formato PDF nas seccións "Serie Galicia 250K" e "Centro de descargas".

Tamén se pode acceder a esta información a través dos servizos WMS, WMTS e REST:

Servizos de información litolóxica

Ortofotografía aérea do PNOA 2017

PNOA é un proxecto colaborativo no que participan as comunidades autónomas e a Administración xeral do Estado para obter ortofotos de toda España a unha resolución de entre 25 e 50 centímetros. A nova capa incorporada ao PNOA para a nosa comunidade correspóndese coas imaxes tomadas no ano 2017 coa máxima resolución contemplada. Deste xeito, a ortofotografía do ano 2017 súmase ás xa dispoñibles, de 1956-57, 2002-2003, 2004-2007, 2008-2009, 2010-2011 e 2014.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, mellora a información dixital do planeamento urbanístico de 73 concellos

Dentro dos traballos de revisión, actualización e adecuación da información espacial do planeamento urbanístico, o IET completou as capas de ordenación en formato vectorial dos PXOM adaptados á LOUG. Para iso acometeuse a dixitalización das clases e categorías do solo rústico ordinario e de especial protección de 73 concellos dos que ata o momento só se dispoñía dos recintos das clases de solo urbano, urbanizable e núcleo rural, completando a capa de clasificación urbanística do solo nos concellos de Galicia con planeamento adaptado.

Este traballo implicou as seguintes tarefas:

Medio Ambiente presenta unha proposta de Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico

Esta rede é tamén unha das actuacións previstas na “Estratexia da Paisaxe Galega. Planificación 2017-2020” (presentada en outubro do ano pasado) dentro da liña operativa LO04 correspondente á “Posta en valor dos lugares de especial interese paisaxístico”, onde se propoñía o deseño da rede baixo criterios técnicos, aproveitando a densa rede viaria e de sendeiros xa existente, e co obxectivo de poñer en valor a diversidade territorial de Galicia, expresada a través das distintas paisaxes e bens naturais e culturais.