Novo visor para a xestión de Poxas Públicas de Madeira

O pasado 18 de xuño veuse a presentar por parte da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) a nova Plataforma Electrónica de Poxas Públicas de Madeira.

Esta plataforma facilita a tramitación electrónica das poxas públicas de madeira que a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal allea nos montes que está a xestionar. Trátase dun servizo electrónico de poxas que permite:

Novos servizos de visualización Rest e WMS do PNOA10

Publícanse novas versións dos servizos de visualización (WMS) e (REST) dos concellos voados no 2018 e uns novos servizos para aqueles voados durante o 2019, neste proxecto de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio e a Administración Local representada polos concellos de Ames, Betanzos, Cambre, Carballo, Fene, Lugo, Oleiros, Pontevedra, Teo e Sanxenxo, e no que se contou coa participación da Deputación da Coruña na edición do 2019.

Servizos REST:

Publicada nova web de acceso ao proxecto de imaxes e nubes de puntos de alta resolución

O Instituto de Estudos do Territorio, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, vén de publicar unha nova web de acceso ao proxecto PNOA 10_Galicia (ortofotos de moi alta resolución-trueortos). O obxectivo da nova web é optimizar a utilidade da información xeográfica como servizo público.

Publicado un novo visor xeográfico para notificar achegas sobre a Base Topográfica de Galicia

O Instituto de Estudos do Territorio co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon a disposición unha nova ferramenta para que se poidan enviar achegas ou posibles erros sobre a Base Topográfica de Galicia 2020.

O obxectivo é dispoñer dunha ferramenta para que todas as persoas poidan achegar información, facer achegas ou comunicar os posibles erros advertidos na cartografía publicada polo Instituto de Estudos do Territorio.

Actualización da información xeográfica dispoñible no Visor de Descargas de cartografía coa incorporación da nova Base Topográfica BTG10

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de incorporar ao centro de descargas distintos arquivos da nova base topográfica de Galicia.