A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pon en funcionamento un sistema de información xeográfica colaborativo de imaxes da paisaxe galega

No SIX Colaborativo de Imaxes da Paisaxe Galega, a xente poderá non só ver e localizar fotografías da paisaxe galega, tanto actuais como pasadas, senón que poderá achegar a súa propia visión e perspectiva da paisaxe de Galicia, enviando e compartindo as súas fotografías. Esta iniciativa pode enmarcarse dentro dun fenómeno recente denominado Información Xeográfica Voluntaria ou Participativa (termo acuñado por M. F.

Ponse en marcha unha nova ferramenta para a análise da información xeográfica en Galicia

Este novo elemento denomínase “Comparador de mapas” e consiste nunha nova funcionalidade que traballa sobre o visualizador web de cartografía e que lle permite ao usuario ver dúas capas de información xeográfica sobre a mesma zona. Cando se activa, divídese a xanela en dúas metades, e en cada unha delas pódese cargar un mapa ou cobertura fotográfica diferente. A liña que divide o visor pode desprazarse de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo, para visualizar a mesma zona alternativamente nos dous mapas.

Visor web coa Delimitación Climática para Arquitectura Pasiva

É un un feito obxectivo que non todas as zonas de Galicia comparten comportamentos climáticos idénticos e que, mesmo compartindo valores idénticos nun gran número de variables climáticas, poderían diferir en gran medida no resto. Por iso non parece efectivo utilizar unha única característica do medio para tomar decisións comúns a todas as estratexias e territorio.

Ponse en marcha un novo Centro de Descargas da Información Xeográfica de Galicia máis fácil de usar e que multiplica a información dispoñible

Este novo compoñente da Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia é un elemento esencial para a reutilización da información do sector público, xa que está orientado tanto á descarga de mapas como de ficheiros xeorreferenciados en diferentes formatos a través de Internet.

Portal de participación pública na elaboración das Directrices da Paisaxe de Galicia

Esta iniciativa xorde da profunda convicción, por parte da Xunta de Galicia e da Universidade da necesidade de contar cos cidadáns nos procesos de toma de decisións sobre a nosa paisaxe e o noso territorio. Froito desta crenza e das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, nace este portal no que, nesta etapa do proceso de elaboración do Atlas, calquera persoa poderá contribuír ao deseño das Directrices de Paisaxe, aportando os seus obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa valoración da paisaxe e das posibles medidas de protección, xestión e ordenación da mesma.

Posta en funcionamento do novo visor do Plan de Ordenación do Litoral

O novo visor fai posible a visualización da información xeográfica do Plan de Ordenación do Litoral, ao tempo que permite a súa descarga no sistema de referencia ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989), como novo sistema de referencia xeodésico oficial en España regulado polo Real Decreto 1071/2007 de 27 de xullo, e que dende o ano 2015 obriga a dispoñer a información xeográfica no novo sistema de referencia.

Posta en funcionamento do visor do Catálogo das Paisaxes para a súa fase de información pública

Este documento sométese a exposición pública durante dous meses segundo se anunciou no DOG o pasado 12 de febreiro, e está dispoñible na páxina web do departamento. O texto conta entre os seus principais fitos co establecemento de 207 áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) que constituirán a base para determinar a caracterización de solo rústico de especial protección paisaxística que recolle a nova Lei do solo, aprobada esta semana no Parlamento galego.

Medio Ambiente comeza o proceso de participación pública do catálogo das paisaxes de Galicia cun obradoiro práctico en Santiago, para técnicos e cidadanía en xeral

O proceso de participación pública do Catálogo das paisaxes de Galicia deu comezo hoxe en Santiago de Compostela co primeiro dos obradoiros prácticos previsto desde hoxe ata o 31 de outubro. Trátase dunha xornada de traballo pensada para que tanto axentes convidados polo seu coñecemento, como calquera persoa que o desexe, poidan facer as súas achegas para acadar unha mellor xestión e protección da área paisaxística na que se atope.

Póñense a disposición dos cidadáns as melloras no visor xeográfico da Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia IDEG e no visor xeográfico de conservación da natureza

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto de Estudos do Territorio e en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, vén de poñer en marcha unha serie de melloras en visores xeográficos, en concreto nos seguintes apartados: