Novo mapa de relevo de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través do Instituto de Estudos do Territorio pon á venda o novo Mapa Autonómico de Galicia elaborado no marco do convenio de colaboración e cooperación entre a administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Instituto de Estudos do Territorio, e o Ministerio de Fomento, a través do Instituto Geográfico Nacional, para a produción, actualización e intercambio de información xeográfica.

A Xunta pon a disposición dos cidadáns un novo visor xeográfico web con información precisa sobre os espazos naturais e a biodiversidade de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente vén de poñer en marcha un novo visor xeográfico con información completa e detallada sobre a Rede de espazos naturais e da biodiversidade de Galicia que permitirá achegar uns completos contidos sobre estes enclaves de xeito sinxelo.

Resumo da Xornada sobre RPAs e as súas aplicacións civís

O pasado día 26 de novembro celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada técnica co obxectivo de difundir as aplicacións realizadas con aeronaves pilotadas por control remoto (RPA) en traballos civís relacionados coa información do territorio. Foi organizada polo Instituto de Estudos de Territorio en colaboración coa empresa galega Cartogalicia, pioneira en España no uso destes vehículos, e a Escola Galega de Administración Pública.

Incorpórase o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo ao portal do sistema de información de ordenación do territorio e planificación urbanística de Galicia

Na última actualización da web do Siotuga foron incorporados o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo, segundo Orde do 14 de novembro de 2014, e o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cerdedo, segundo Orde de 23 de setembro de 2014.

Para maior comodidade dos usuarios nesta publicación aumentouse a resolución dos arquivos e no formato pdf é posible a busca textual.

 

O punto de acceso ao Centro de Descargas da Información Xeográfica de Galicia incorpora nova información, co que conta xa con máis de 46.900 arquivos para descargar

A plataforma conta cun mapa e ferramentas para facer procuras por topónimo, coordenadas ou códigos catastrais para poder situarse nun lugar determinado. A través de diferentes mallas de descarga pódese acceder a un numeroso número de ficheiros con información gráfica da comunidade autónoma.

O Instituto de Estudos do Territorio presentou a estratexia de paisaxe galega na xornada sobre paisaxismo e medio rural

Santiago, 11 de xaneiro de 2013.- O Instituto de Estudos do Territorio celebrou en Guísamo un encontro sobre paisaxismo e medio rural. A finalidade desta xornada de traballo foi compartir e poñer en común as experiencias de distintas iniciativas a prol da defensa da paisaxe galega.

O Instituto de Estudos do Territorio promove a implantación en Galicia da rede de sociedade civil do convenio europeo da paisaxe, que busca a implicación cidadá nestas políticas

Santiago, 19 de decembro de 2012.- O Instituto de Estudos do Territorio promove a implantación en Galicia de Civilscape, a rede de sociedade civil para o convenio europeo da paisaxe. Manuel Borobio, director do IET, cualificou a primeira reunión mantida hoxe en Santiago como unha oportunidade que a cidadanía non debería deixar pasar.