Paisaxe galega. Guía de estudios de impacto e integración paisaxística

Esta guía é un documento novo que se vincula ao procedemento de Declaración de Impacto Ambiental, acompañando ao Estudo de Impacto Ambiental, aínda que con natureza propia e suxeito a informe particular por parte da administración. En consecuencia publícase unha guía coa intención de axudar aos equipos redactores, axilizando os procedementos a través dunha documentación coherente co alcance da actuación e coa capacidade de acollida do territorio.

Nodo IDE Deputación de Lugo (IDEAL)

A Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración lucense ofrece información xeorreferenciada da provincia de Lugo a partir dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL).

A EIEL é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais a efectos da cooperación económica local do estado. Está elaborada polas deputacións provinciais de acordo a unha metodoloxía común, contándose coa colaboración técnica do Ministerio de Política Territorial.

Nodo IDE-Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa

O IDE-DHGC (Infraestrutura de Datos Espaciais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa) creouse para dar soporte a toda a información alfanumérica e xeoespacial que contén o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa aprobado polo Real Decreto 1332/2012, de 14 de setembro (BOE nº 223, de 15 de setembro), de cara a facilitar o coñecemento da información básica da conca aos distintos usuarios da auga e a cidadanía en xeral. Augas de Galicia como organismo de conca con competencias na planificación hidrolóxica da DHGC é o organismo responsable da información.

O Instituto de Estudos do Territorio promove a implantación en Galicia da rede de sociedade civil do convenio europeo da paisaxe, que busca a implicación cidadá nestas políticas

Oleiros (A Coruña), 17 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio, e a Fundación Juana de Vega, levarán a cabo un estudo sobre as tipoloxías dos peches de fincas en Galicia como unha ferramenta que axude á comprensión da paisaxe desde a propia identidade que sirva para avaliar e mellorar a paisaxe no campo galego.